Levamos máis de 15 anos realizando traballos agrarios e forestais en Galicia, sempre co obxectivo de conseguir a máxima calidade e rentabilidade para os nosos clientes.
Utilizamos a maquinaria, produtos e tecnoloxías dixitais máis avanzadas e contamos cun equipo de profesionais altamente cualificado.
Ver os servizosAnalizamos as necesidades de cada finca para proceder da forma máis eficaz e rentable, aportando as mellores calizas e fertilizantes disponibles, coas últimas tecnoloxías de precisión.
Avaliamos cal é o sistema de laboreo e sementeira máis axeitado para cada momento e lugar, procedendo así coa máquina máis apropiada. Aplicamos sementes de alta calidade, con sistemas de autoguiado, doses variable, corte de seccións, etc. para conseguir a máxima precisión e aforro.
Realizamos o seguemento da colleita e, se é necesario, levamos a cabo calquer tipo de aplicación con pulverizador ou abonadora, sempre cos mellores produtos e tecnoloxías disponibles.
Xa sexa herba, millo, sorgo, ou outros cereais, dispoñemos de múltiples tecnoloxías de recolección: segadoras acondicionadoras hileradoras, picadoras autopropulsadas, remolques picadores, maquinaria para estender-compactar silo, rotoempacadoras combinadas, macroempacadora picadora, etc. Aportamos produtos de calidade para unha óptima conservación da colleita, como aditivos de ensilado ou diversos tipos de plásticos para a protección dos silos. Realizamos todo o proceso sempre cun obxectivo claro de calidade, eficacia e puntualidade.
Hectáreas/ano
Somos un equipo
Tractores/picadoras
Para consultas podes enviarnos un correo a administracion@marcosotero.es ou ben podes localizarme a través do teléfono (+34) 661 77 79 99